En decembro 2020 San Xerome recibe a doazón do inmoble do antigo colexio das Carmelitas da Guarda, que se destinará á construción dos FOGARES SANXE, o novo Servizo Residencial da Asociación.
A visión filantrópica e altruísta de dúas familias, unha da Guarda e outra de Vigo, fai posible “poñer a primeira pedra” deste motivador e complexo proxecto.
Quédanos moito traballo por diante, precisamos rehabilitar adecuadamente o inmoble, e dotalo de todo o equipamento necesario para que as persoas habitantes conten con todos os apoios que precisan.
O arquitecto Mauro Lomba xa está mans á obra o anteproxecto de obra. Sen presa pero sen pausa…pouquiño a pouco imos facendo camiño.