Categorías
Uncategorized

FOGARES SANXE responde a unha necesidade das nosas persoas usuarias e as súas familias

O proxecto nace da preocupación das nosas familias polas súas fillas/fillos ou familiares.

O proxecto, FOGARES SANXE, nace da preocupación das nosas familias polas súas fillas/fillos ou familiares. Eles envellecen, pasando de ser coidadores a ser persoas que xa precisan coidados. Preocupados polo futuro dos seus, sentimos a obriga ética de darlles resposta e tranquilidade, para facer que toda unha vida de dedicación poida continuar de forma serena.

No 2016 empezamos a “xerminar” o proxecto guiados polo sentir das nosas familias. Conseguimos chegar a onde estamos grazas ao apoio de moitas entidades que nos axudaron a darlle forma á idea de proxecto (Fundación Sihp2B, USC, IGAPE Responde…). Agora seguidos traballando para conseguir o apoio das distintas Administracións (Xunta de Galicia, Concello da Guarda,…) que amosaron gran interese polo proxecto. Sen este apoio fundamental o noso camiño sería moito máis complexo, estamos moi agradecidas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *