
TES CLARO COMO SERÁ A SÚA VIDA
CANDO TI XA NON ESTEAS?
Se convives con persoas con diversidade intelectual seguramente esta pregunta pasou moitas veces pola túa cabeza,
xa que é unha realidade para moitas familias.
O máis común na comarca do Baixo Miño é que teñan que trasladarse fora da súa contorna,
o que significa perda de arraigamento, e en moitos casos inadaptación, depresión…
É necesario, e unha obriga ética, dar resposta e solución a esta crucial cuestión.
E para iso propoñemos unha solución que garanta que:
Manterá os seus vínculos persoais
Na súa contorna
Con autonomía
Cos apoios que precisa
FAGAMOS POSIBLE
O SEU PROXECTO DE VIDA
BENVIDA/O AO
TEU NOVO FOGAR
Fogares Sanxe conta con 30 vivendas con servizos adaptados, a partires de terreos doados, situadas en pleno centro urbano de A Guarda (Pontevedra). As vivendas están dotadas de habitación/s, cociña, baño, sala de estar e zonas comúns, tanto interiores como exteriores. Ademais, contan cunha ampla carta de servizos complementarios á túa disposición.
O noso son os retos e
«conseguir imposibles»
Contamos coa doazón do antigo colexio das Carmelitas, situado no centro da Guarda (Pontevedra). Agora é necesaria a procura de financiamento para rehabilitar, adecuar e poñer en funcionamento Fogares Sanxe.


Se queres ser parte activa deste apaixonante proxecto, aportando a túa doazón ou colaboración dalgún tipo, invitámoste a que nos deixes os teus datos no seguinte formulario e en breve te contactaremos:
CARTA DE SERVIZOS
Estes servizos poderán ser contratados polas persoas de forma optativa, e serán ofrecidos en forma de PAQUETES DE SERVIZOS, en función das preferencias e necesidades das persoas que habitarán os Fogares

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS
Restauración, limpeza, lavandería, xardinería, transporte adaptado, imaxe persoal, compras, animación sociocultural (lecer, actividades lúdicas…)

SERVIZOS DE SAÚDE
Enfermería, rehabilitación (física, psíquica, sensorial…), fisioterapia, terapia ocupacional, podoloxía, psicoloxía, xestión farmacéutica.

SERVIZOS SOCIAIS
Traballo social, atención sociosanitaria…

proxectos de vida de persoas con diversidade intelectual e as súas familias
SAN XEROME
Somos unha Asociación de nais, pais, familiares e amiga/os de persoas con diversidade intelectual do Baixo Miño, que desde 1977 prestamos servizos de apoio profesionalizado ás nosas persoas e as súas familias.
Apoiamos a 120 persoas con diversidade intelectual e as súas familias a través dos nosos Centros da Guarda (Centro educativo, Servizo de Adultos -Centro de día e Centro ocupacional- e Centro Especial de Emprego)
Temos un cadro de persoal de 52 profesionais, contamos con 2500 persoas socias (físicas e xurídicas) e xestionamos un orzamento anual de 2.500.000 € dedicados integramente á atención das nosas persoas.
MANTENTE INFORMADO
- Presentación de FOGARES SANXE ás nosas persoas usuariasContinuamos coa nosa rolda de presentacións do proxecto, esta vez ás nosas persoas usuarias.
- Rolda de xuntanzas coas nosas familias para valorar as necesidades do proxectoMoitas das familias participantes amosaron o seu interese en formar parte do Grupo de traballo.
- San Xerome recibe a doazón do inmoble do antigo colexio das Carmelitas da GuardaA visión filantrópica e altruísta de dúas familias, unha da Guarda e outra de Vigo, fai posible “poñer a primeira pedra” deste motivador e complexo proxecto.
- FOGARES SANXE responde a unha necesidade das nosas persoas usuarias e as súas familiasO proxecto nace da preocupación das nosas familias polas súas fillas/fillos ou familiares.