INDO con FoGaReS SaNXe

Primeira Andaina solidaria Inclusiva para FoGaReS SaNXe!

ORGANIZACIÓN

A Asociación San Xerome Emiliani organiza unha Andaina solidaria Inclusiva para FoGaReS SaNXe.

DATA, HORA E LUGAR

Saída e chegada no auditorio San Benito 27 de maio de 9:30 ata 13:00 h.

PERCORRIDO E DISTANCIA

O circuíto terá o seguinte trazado:

  • Modalidade completa – percorrido circular : 10 km desde auditorio San Benito, volta ao Monte Santa Tegra.
  • Modalidade inclusiva – 3000 m desde a Praia do Muiño ata o Auditorio San Benito. (Trasporte con furgoneta para as persoas con mobilidade reducida)

ORGANIZACIÓN DA SAÍDA

Presentación: FoGaReS SaNXe: 09:30-09:45

Baile: 10:00-10:15

SAÍDA: 10:30

AVITUALLAMENTO

A organización ofrecerá a tódolos participantes un avituallamento de froitas, comida e obxectos como camisetas e chapas en colaboración con diferentes Empresas CocaCola, Froiz, Eurobanan e moitas mais…

PARTICIPACIÓN

Poderán tomar parte na Andaina todas aquelas persoas que o desexen, sempre e cando estean correctamente inscritas, tanto en tempo como nas formas establecidas para elo.

INSCRICIÓN

A cota de inscrición será a seguinte (doazón mínina):

  • Adultos: 7,00€
  • Menores de 12 anos: 4,00€

Km 0: No caso das persoas que non estean interesadas na participación activa da Andaina pero si queiran contribuír no proyecto de FoGaReS SaNXe.

A inscrición farase efectiva a través dos seguintes métodos:

  1. Formulario de Google 
  2. Recoller formulario de inscripción e kit de participación (de 22/05/23 ata 26/05/23): camiseta (hasta 300 u/d disponibles), chapa, pulseira, na Asociación San Xerome Emiliani en horario 9:00 – 17:00h de Lun – Ven (Rúa Galicia 23 – A Guarda 36780).

PRAZO DE INSCRICIÓN

Desde 10/05/2023 ata o 25/05/2023

ACTIVIDADES FINAL ANDAINA

1) Refrixerio

2) Sorteo regalos

3) Música

4) CONCURSO DE GORRAS: Trae a túa gorra personalizada, ao final haberá un premio para a gorra mais orixinal !! 

SEGURO E RESPONSABILIDADE CIVIL

O evento consta coa responsabilidade civil e seguros obrigatorios correspondentes. Quedan excluídos os seguintes casos.

a) Os que non den lugar a indemnización segundo a Lei de Contrato de Seguro.

b) Os ocasionados en persoas aseguradas por contrato de seguro distinto a aqueles en que é obrigatorio o recargo a favor do Consorcio de Compensación de Seguros.

c) Os producidos por conflitos armados, aínda que non precedera a declaración oficial de guerra.

d) Os derivados da enerxía nuclear, sen prexuízo do establecido na Lei 12/2011, de 27 de mayo, sobre responsabilidade civil por danos nucleares ou producidos por materiais radioactivos.

e) Os producidos por fenómenos da natureza distintos aos sinalados no artigo 1.a) anterior, e en particular, os producidos por elevación do nivel freático, movemento de ladeiras, escoramento o asentamento de terreos, desprendemento de rocas y fenómenos similares, salvo que estes foran ocasionados manifestamente pola acción da agua da choiva que, a súa vez, provocara na zona unha situación de inundación extraordinaria y se produxeran con carácter simultáneo a dita inundación.

f) Os causados por actuacións tumultuarias producidas no curso de reunións e manifestacións levadas a cabo conforme ao disposto na Lei Orgánica 9/1983, do 15 de xullo, reguladora do dereito de reunión, así como durante o transcurso de folgas legais, salvo que as citadas actuacións poderán ser cualificadas como acontecementos extraordinarios conforme al artigo 1.b) anterior.

g) Os causados por mala fe do asegurado.

h) Os correspondentes a sinistros producidos antes do pago da primeira prima ou cando, de conformidade co establecido na Lei de Contrato

de Seguro, a cobertura do Consorcio de Compensación de Seguros estea suspendida ou o seguro quede extinguido por falta de pago de primas.

i) Os sinistros que pola súa magnitude e gravidade sexan cualificados polo Gobierno da Nación como de «catástrofe ou calamidade nacional».

Para calquera dúbida ou pregunta poderán mandar un correo electrónico a dona@sanxerome.com

PLIEGO DE DESCARGO DE RESPONSABILIDADES E PROTECCIÓN

ACREDITACIÓN DE DATOS. Os participantes deberán dispor de documentos acreditativos suficientes (preferentemente, Documento Nacional de Identidade) para demostrar a súa idade, sexo, domicilio ou natureza. Esta documentación poderá ser requirida polos membros da Comisión Organizadora no momento da entrega de dorsais.

VERACIDADE NOS DATOS. Os participantes garanten a veracidade, exactitude e vixencia dos datos persoais proporcionados.

PROTECCIÓN DE DATOS. Os datos facilitados a través do formulario de inscrición poderán ser incorporados a ficheiros, automatizados ou non, coa intención de xestionar a súa solicitude e o desenvolvemento da proba. Os participantes poderán exercer #ante esta Comisión Organizadora os seus dereitos de acceso, rectificación ou cancelación dos seus datos.

CONDICIÓNS PREVIAS A CARREIRA. Todos os participantes tomarán parte na carreira voluntariamente e cada un deles é responsable do seu bo estado e perfecta condición física, que lles asegura, razoablemente, dita participación na proba.

RESPONSABILIDADE DE MENORES. No caso dos corredores menores de idade, serán responsables do seu estado e condición física, adecuados ao desenvolvemento da proba, os correspondentes proxenitores ou titores legais do menor ou incapacitado ou tutelado. Estes deberán ir acompañados sempre por un adulto

ORDEN PÚBLICO. Dada o importante número de persoas que, entre participantes e espectadores, rógase encarecidamente a observancia de cantas indicacións se fagan provenientes dos membros da Organización, e, de forma especial, dos membros dos corpos de seguridade, Garda Civil e Policía Municipal, que, así mesmo, velarán polo bo desenvolvemento da proba

INFRACCIÓNS E DESCUALIFICACIÓNS. A Comisión Organizadora resérvase o dereito de descualificar aos corredores que incumpran as normas básicas para o correcto desenvolvemento da proba.

RECLAMACIÓNS. Tanto sobre os aspectos organizativos como os puramente deportivos, calquera reclamación deberá facerse oralmente á Comisión Organizadora no día da proba. Se a reclamación prodúcese en data posterior á de celebración, deberá facerse por escrito dirixido á mesma Comisión Organizadora.

DEREITOS DE IMAXE. O participante acepta que o organizador capte imaxes da proba e a difusión das mesmas a través dos medios legalmente establecidos. En caso contrario, o participante deberá notificalo por escrito á organización para que se retiren todas as imaxes captadas en relación á proba.

ACEPTACIÓN DESTE REGULAMENTO. Todos os participantes, polo mero feito de realizar a súa inscrición, aceptan a presente Normativa e consenten en canto establécese nela.