FoGaReS SaNXe

TES CLARO COMO SERÁ A SÚA VIDA
CANDO TI XA NON ESTEAS?

Se convives con persoas con diversidade intelectual seguramente esta pregunta pasou moitas veces pola túa cabeza,
xa que é unha realidade para moitas familias.
O máis común na comarca do Baixo Miño é que teñan que trasladarse fora da súa contorna,
o que significa perda de arraigamento, e en moitos casos inadaptación, depresión…
É necesario, e unha obriga ética, dar resposta e solución a esta crucial cuestión.

E para iso propoñemos unha solución que garanta que:

Manterá os seus vínculos persoais

Na súa contorna

Con autonomía

Cos apoios que precisa

FAGAMOS POSIBLE
O SEU PROXECTO DE VIDA

BENVIDA/O AO
TEU NOVO FOGAR

Fogares Sanxe conta con 30 vivendas con servizos adaptados, a partires de terreos doados, situadas en pleno centro urbano de A Guarda (Pontevedra). As vivendas están dotadas de habitación/s, cociña, baño, sala de estar e zonas comúns, tanto interiores como exteriores. Ademais, contan cunha ampla carta de servizos complementarios á túa disposición.

O noso son os retos e
«conseguir imposibles»


Contamos coa doazón do antigo colexio das Carmelitas, situado no centro da Guarda (Pontevedra). Agora é necesaria a procura de financiamento para rehabilitar, adecuar e poñer en funcionamento Fogares Sanxe.

Se queres ser parte activa deste apaixonante proxecto, aportando a túa doazón mediante:

– Transferencia bancaria cos siguientes datos:

Titular: Asociación San Xerome Emiliani
IBAN: ES13-2100-4046-1422-0022-8292
Concepto: o teu nome, apelidos e DNI

Paypal :
Preme aqui para doar

Bizum :
Doa co código 06424

A túa doazón ten beneficios fiscais para ti, previstos na Lei 49/2002, de Réxime Fiscais das Entidades sen Fins Lucrativos e dos Incentivos Fiscais ao Mecenazgo.

Se queres ser parte activa deste apaixonante proxecto, aportando a túa colaboración dalgún tipo, invitámoste a que nos deixes os teus datos no seguinte formulario e en breve contactarémoste:

    “El proyecto “FOGARES SANXE – Un lugar para vivir la diversidad” está cofinanciado por el programa Erasmus+ de la Unión Europea.

    El contenido de esta página web es responsabilidad exclusiva de la Asociación San Xerome Emiliani, y ni la Comisión Europea, ni el Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) son responsables del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.

    CARTA DE SERVIZOS

    Estes servizos poderán ser contratados polas persoas de forma optativa, e serán ofrecidos en forma de PAQUETES DE SERVIZOS, en función das preferencias e necesidades das persoas que habitarán os Fogares

    SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

    Restauración, limpeza, lavandería, xardinería, transporte adaptado, imaxe persoal, compras, animación sociocultural (lecer, actividades lúdicas…)

    SERVIZOS DE SAÚDE

    Enfermería, rehabilitación (física, psíquica, sensorial…), fisioterapia, terapia ocupacional, podoloxía, psicoloxía, xestión farmacéutica.

    SERVIZOS SOCIAIS

    Traballo social, atención sociosanitaria…

    proxectos de vida de persoas con diversidade intelectual e as súas familias

    SAN XEROME


    Somos unha Asociación de nais, pais, familiares e amiga/os de persoas con diversidade intelectual do Baixo Miño, que desde 1977 prestamos servizos de apoio profesionalizado ás nosas persoas e as súas familias.

    Apoiamos a 120 persoas con diversidade intelectual e as súas familias a través dos nosos Centros da Guarda (Centro educativo, Servizo de Adultos -Centro de día e Centro ocupacional- e Centro Especial de Emprego)
    Temos un cadro de persoal de 52 profesionais, contamos con 2500 persoas socias (físicas e xurídicas) e xestionamos un orzamento anual de 2.500.000 € dedicados integramente á atención das nosas persoas.

    MANTENTE INFORMADO

    Colaboración

    Se tamén queres colaborar axudando no proxecto FoGaReS SaNXe escríbenos a dona@sanxerome.com

    Concello A Guarda
    LILI escuela
    Concello O Rosal
    A Rosaleira
    Adegas Valmiñor
    Lacena comida espida
    Quinta de Couselo
    Tenda O Paquín
    Supermercado Familia
    Entrelagar
    Carnicería Florentiña
    Charcutería El Argentino
    Mundo Dulce
    Petiscos conservas
    Conservas Chanquete